Método Nubo

Adaptar ben ten un porqué.

Non abonda con que un material pareza máis doado: debe quitar unha barreira sen quitar a oportunidade de aprender. Ese criterio conecta a nosa base científica con cada decisión do sistema.

Para profesorado, orientación e equipos directivos

«Adaptar sen recortar»: o método, os seus fundamentos e os seus límites

O método en tres verbos

Entender, atender e seguir.

Entender

Coñecer a persoa, non asumir a súa capacidade por unha etiqueta.

Atender

Actuar sobre o que lle esixe esa tarefa.

Seguir

Revisar o apoio a medida que aprende.

Fundamentos

Que cambiamos e por que.

A investigación non se engade ao final coma un selo. Axúdanos a decidir que modificar, que conservar e cando deixar de intervir.

Carga cognitiva

Menos esforzo en descifrar o formato.

Unha presentación confusa pode consumir recursos que o estudante necesita para comprender. Organizamos o acceso sen resolverlle o traballo intelectual.

  • Instrucións secuenciadas
  • Formato claro e previsible
  • O contido mantense
Ver fundamentos no libro →

Avaliación

Medir o que queremos avaliar.

O apoio depende do obxectivo. Ler un enunciado en voz alta non ten o mesmo sentido nunha tarefa de Ciencias que nunha proba de decodificación.

  • Primeiro, o obxectivo da tarefa
  • Despois, a barreira
  • O apoio, só se non altera o que se avalía
Ver o criterio de adaptación →

Andamiaxe

Axudar a avanzar cara á autonomía.

Os apoios son revisables. O obxectivo non é manter sempre a axuda, senón axustar a súa intensidade conforme a persoa pode facer máis por si mesma.

  • Revísase a evolución
  • Axústase a intensidade
  • Retírase cando deixa de facer falta
Explorar a retirada de apoios →

Síntese do marco do libro branco: carga cognitiva (Sweller, Ayres e Kalyuga), avaliación e apoios (Sireci, Scarpati e Li), andamiaxe (Wood, Bruner e Ross). As referencias completas pódense consultar no documento.

Sete principios

Adaptar con criterio para ensinar con sentido.

Abre cada principio para ver que significa na práctica. Os títulos breves resumen as formulacións do libro branco.

Que significa adaptar ben →
IProtexer o que hai que aprender

Se unha tarefa avalía coñecementos de Ciencias, podemos facilitar a lectura das instrucións sen eliminar os conceptos que se queren avaliar. Primeiro identificamos o obxectivo; despois, a barreira.

No libro:Separar o que hai que aprender do que hai que atravesar.
IIMirar máis alá da etiqueta

Dous estudantes cun mesmo diagnóstico poden necesitar apoios diferentes. As observacións concretas, que lles custa e en que situacións, orientan mellor unha adaptación ca unha categoría por si soa.

No libro:Describir o alumno polo que lle custa, non pola súa etiqueta.
IIIActualizar o que sabemos

Un informe achega evidencia, non unha descrición definitiva. O perfil incorpora novas observacións e distingue o que sabemos con maior certeza do que precisa contraste.

No libro:Tratar o perfil como unha estimación viva, non como unha foto fixa.
IVResponder a esta tarefa

Unha dificultade non esixe modificar todos os materiais. Aplicamos un apoio cando a actividade concreta activa esa barreira; engadir axudas que non fan falta tamén pode interferir.

No libro:Adaptar a tarefa, non o alumno.
VIncluír sen limitar

Ofrecer distintas vías de acceso permite compartir a aula sen impoñer o mesmo apoio a todo o mundo. Smart DUA agrupa necesidades de apoio, non etiquetas diagnósticas.

No libro:Deseñar para quen máis barreiras ten, sen baixarlle o teito a ninguén.
VIRetirar a axuda cando toca

Un apoio debe facilitar autonomía. Revisar a evolución permite mantelo, axustalo ou retiralo cando deixa de ser necesario, en lugar de convertelo nunha condición permanente.

No libro:Ningunha axuda é para sempre.
VIIManter a decisión no docente

Antes de reducir o que se espera aprender, hai que distinguir unha barreira de acceso dunha necesidade curricular. Cando corresponde modificar o currículo, o profesional decide e valida; o sistema axúdao a levalo á práctica.

No libro:Baixar o currículo é a última saída, e non a decide unha máquina.

Adaptar sen recortar.

O método, os seus fundamentos e os límites que lle poñemos á adaptación, con fontes por sección.

Abrir o libro branco ↗
Libro branco110referencias bibliográficasVersión 2.0 · novembro de 2026 · documento vivo

Experiencia en centros

O criterio importa cando chega á aula.

Maristes Montserrat · Lleida

Demostrar moito mellor o que saben

«Acertamos con este traballo porque lle permite ao alumno demostrar moito mellor aquilo que sabe.»
Ler o caso
CEIP Justicia de Aragón · Alcorisa

Máis confianza para afrontar a tarefa

«O meu alumno xa non se preocupa por se non sabe facer a tarefa. Sabe que pode facer o que se lle propón día a día.»
Ler o caso

Fundamento, práctica e avaliación

Cada fonte, co seu alcance.

A literatura fundamenta.

Explica por que unha medida pode ter sentido. O libro branco reúne esa base e formula o noso método.

Os centros achegan contexto.

As súas experiencias mostran como se usa o sistema en situacións reais e que valor atopan os profesionais.

A avaliación contrasta.

O capítulo 6 detalla como se plantexa estudar a conservación do contido, o acceso, o tempo e a evolución. Distingue traballos en curso, en deseño e planificados.

Unha base científica non converte automaticamente un produto nunha intervención de eficacia demostrada. Por iso distinguimos as fontes e o alcance do que nos permiten afirmar.

Confianza e evidencia

O que hai detrás de cada decisión.

Preguntas frecuentes

Sobre o método

Nubo adapta segundo o diagnóstico?

Non. O mesmo diagnóstico non determina a mesma adaptación: mandan o perfil do estudante e a tarefa concreta.

Quen decide baixar o currículo?

O profesional. Antes hai que distinguir unha barreira de acceso dunha necesidade curricular; cando corresponde modificar o currículo, o docente decide e valida.

Que é «Adaptar sen recortar»?

O libro branco de Nubo: os sete principios, os seus fundamentos e 110 referencias. Abrir o libro branco.

Leva este criterio ao teu centro.

Conecta o que sabemos do estudante co que facemos na aula e co seguimento das medidas.

Sete principios, unha forma de decidir.